Activo un incendio forestal no concello ourensán de Rubiá, parroquia homónima

Segundo as primeiras estimacións, o lume afecta unha superficie que rolda as 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2021

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello ourensán de Rubiá, parroquia homónima.
O lume orixinouse esta tarde ás 18,06 h. e segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie que rolda as 20 hectáreas. No seu control participan 4 axentes, 11 brigadas, 3 motobombas, 3 pas, 7 avións e 5 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural