Política Social destaca a importancia das actividades de ocio seguro e saudable para as persoas maiores na visita a Santiago de Compostela dos usuarios da residencia de Carballo

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2021

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, acompañou hoxe aos usuarios da residencia pública de maiores de Carballo na súa visita a Santiago de Compostela. Alí destacou a gran satisfacción que lles supón aos maiores poder realizar este tipo de actividades que permiten practicar ocio seguro e saudable.

Os usuarios desta residencia chegaron en primeiro lugar á Praza do Obradoiro para logo visitar o Mosteiro de San Martiño Pinario, onde tivo lugar unha misa cerimonial con motivo da reapertura ao público despois de 16 meses sen actividades culturais. Os usuarios da residencia coruñesa remataron a visita cun xantar no coñecido restaurante A Curtidoría emprazado na zona vella de Santiago.

Imaxes relacionadas