Rosa Quintana enxalza a calidade dos servizos de portos deportivos como o de Portosín pois avalan a Galicia como destino turístico sustentable

Porto do Son (A Coruña), 31 de xullo de 2021

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, puxo hoxe en valor e agradeceu o labor do Real Club Náutico de Portosín que desde a súa creación, hai máis de 30 anos, recibiu de xeito ininterrompido a bandeira azul e desde hai oito a bandeira Q de Calidade grazas ao seu compromiso co turismo responsable e sostible. Así o sinalou durante o izado destes dous distintivos que recoñecen, poñen en valor e representan a calidade dos servizos que ofrece Galicia nos portos deportivos.


Este compromiso do Real Club Náutico de Portosín, subliñou a titular de Mar, concorda co do Plan Director Galicia Destino Seguro 2021-2023, co que o Executivo galego busca, entre outros aspectos, consolidar a oferta segura, adaptándoa ás prevencións sanitarias e ás esixencias dos consumidores, recuperar os niveis de ocupación e gasto previos á pandemia e seguir promovendo Galicia como un destino de turismo de calidade, innovador e sustentable.

Imaxes relacionadas