O director xeral de Emerxencias e Interior preside a comisión de coordinación de policías locais de Galicia

No órgano consultivo deuse conta da memoria do 2020 en materia de coordinación policial e dos procesos selectivos para a incorporación dos axentes aos corpos policiais

Santiago Villanueva presentou unha nova aplicación do rexistro que recolle todos os datos das policías locais de Galicia
 

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2021

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acompañado da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, presidiu hoxe a Comisión de Coordinación de Policías Locais, un órgano consultivo formado por representantes da Xunta, dos concellos e das asociacións e sindicatos dos corpos das policías locais.

No encontro presentouse a memoria do 2020 en materia de coordinación policial, e deuse conta dos procesos selectivos para a incorporación dos axentes aos corpos policiais, non só dos que se aplicaron no ano 2020 senón tamén das propostas para o 2021 e principios do 2022.

Ademais de propoñer os distintivos para os axentes que levan máis de 25 ano nos corpos policiais dos concellos, tamén se comunicou a posta en funcionamento da nova aplicación do Rexistro de Policías Locais de Galicia, máis áxil e eficaz e que recolle os datos actualizados de todos os corpos policiais que operan nos concellos galegos.

Na Comisión de Coordinación tamén se informou do proceso para a actualización do decreto que desenvolve a Lei de Coordinación de Policías Locais de Galicia, coa modificación de catro artigos.
 

Imaxes relacionadas