Trenor enxalza o intenso traballo do grupo Proinsa para impulsar o sector acuícola galego, maioritariamente centrado na produción de mexillón

O delegado da Xunta visitou as instalacións da empresa no porto de Lorbé dedicadas á produción e depuración deste bivalvo

O Executivo galego destina este ano preto de 5,6 millóns de euros tanto a investimentos produtivos no sector -principalmente de empresas de produción de mexillón- como a investigacións coas que impulsar melloras tecnolóxicas, a innovación e a competitividade no eido dos cultivos mariños na comunidade
 

Oleiros (A Coruña), 29 de xullo de 2021. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou a empresa Grupo Proinsa, un grupo empresarial familiar de capital 100% galego, dedicado á produción de mexillón en bateas, sendo o principal produtor individual de mexillón en bateas, tendo un total de 100 unidades de cultivo, todas elas no norte de España

Trenor destacou que esta empresa ten a súa base no porto de Sada e expandiuse por varios puntos da xeografía española, ubicando as súas instalacións mariñas principalmente nas ría de Ares-Betanzos con base no porto de Lorbé. Nos últimos anos realizou distintos investimentos para a modernización de varias bateas e a construción doutras novas así como en equipamentos e cambios de motor de barcos ou a modernización de embarcacións.

Trenor destacou tamén que este grupo forma parte do proxecto Mexigal: Economía circular para o aproveitamento de residuos derivados da acuicultura galega, que busca desenvolver e implantar unha plataforma industrial focalizada en cubrir estratexias de economía circular para o sector pesqueiro en dous vértices: o tratamento integral do mexillón e o aproveitamento dos residuos no proceso de descarga deste produto. Este proxecto é das sete iniciativas presentadas polas empresas galegas vinculadas ás empresas do mar que aspira a captar o apoio dos Fondos Europeos Next Generation.

O delegado da Xunta recalcou que o Executivo galego destina este ano preto de 5,6 millóns de euros tanto a investimentos produtivos no sector -principalmente de empresas de produción de mexillón- como a investigacións coas que impulsar melloras tecnolóxicas, a innovación e a competitividade no eido dos cultivos mariños na comunidade.
 

Imaxes relacionadas