A Xunta entrega en Lugo e Becerreá os carnés de técnico especialista en motoserra a preto dunha vintena de alumnos

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, destacou a importancia desta formación, apoiada pola Xunta de Galicia, ao supoñer un “recoñecemento moi importante no mercado”

Lugo, 27 de xullo de 2021

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou hoxe en Lugo e Becerreá na entrega dos carnés de técnico especialista en manexo e mantemento de motoserra aos preto de 20 alumnos do curso organizado pola Asociación de Empresarios da Primeira Transformación de Lugo (Lugomadera).

A actividade conta co apoio da Xunta de Galicia a través do programa de axudas para a organización de actividades formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia.

Así, o curso vai especialmente dirixido a todas aquelas empresas asociadas con profesionais contratados por conta allea e que non contan con formación específica do seu posto de traballo ou que desexan actualizar esta formación.

A iniciativa proporciona a acreditación profesional a nivel europeo, o que, en palabras de Ignacio Lema, “é importante porque se establecen os mesmos criterios en toda Europa e supón un recoñecemento moi importante no mercado”, apuntou.

Imaxes relacionadas