O conselleiro de Cultura participa como vicepresidente do Consorcio de Santiago na presentación das principais liñas da ‘Proposta estratéxica plurianual para o período ?2021-2027-2032’??

Román Rodríguez salienta que as achegas da Xunta ao Real Padroado beneficiarán ao conxunto da comunidade

Poranse en marcha proxectos desde a perspectiva supramunicipal que redunden “nun beneficio integral para Galicia, amosando que sempre resulta máis positivo sumar esforzos”

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou hoxe, en calidade de vicepresidente do Consorcio de Santiago, na presentación das principais liñas da Proposta estratéxica plurianual do Consorcio de Santiago para o período ?2021-2027-2032, a folla de ruta aprobada o pasado domingo polo Real Padroado de Santiago que senta as bases para traballar no futuro da cidade e do conxunto da Comunidade. ??

O representante da Xunta de Galicia celebrou que este plan, enfocado á década xacobea, permita que as administracións implicadas traballen de xeito coordinado para impulsar proxectos “que nacen na cidade de Compostela, pero que sobrepasan o espazo físico ao redundar nun beneficio integral para Galicia”. Neste senso, destacou que se trata dunha “iniciativa ilusionante que terá que ir concretándose para crear estratexias de país que desde Santiago cheguen a toda a Comunidade”.

“O Consorcio leva sendo moitos anos unha boa práctica administrativa e política e un exemplo de cooperación. Unha feliz idea que amosa que sempre resulta máis positivo sumar esforzos”, afirmou Román Rodríguez, quen subliñou que ese espírito “se ten demostrado positivo para Santiago, para o Xacobeo e para Galicia”, con proxectos “de escala e transcendencia autonómica”.

O titular de Cultura do Goberno galego puxo en valor o intenso traballo feito desde a Xunta nas últimas semanas para preparar a reunión do Real Padroado e ampliar o traballo desenvolvido nos preparativos do Ano Santo e que agora se deberá intensificar.

O conselleiro expuxo algunhas da principais achegas da Xunta recollidas no plan estratéxico, centrado en proxectos como a creación dun hub audiovisual que relance e posicione esta industrial cultural na Comunidade. Tamén as melloras relativas ao Camiño de Santiago, cun dobre beneficio para a veciñanza e os visitantes, ou a recuperación do patrimonio mais emblemático con plans específicos para os conxuntos monumentais de Sar e Conxo. Neste último, a Xunta aposta por un polo educativo e sanitario, que mellore a formación e os servizos públicos, ao igual que coa conservación e actualización do legado patrimonial da Universidade de Santiago.

Imaxes relacionadas