A conselleira, Ángeles Vázquez, reuniuse esta semana coa alcaldesa, Teresa Villaverde
Medio Ambiente estuda colaborar na mellora do espazo público da Pousada, no concello de Lousame
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, trasladoulle á alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, o seu compromiso de estudar as posibilidades de colaboración para mellorar e acondicionar o espazo público da Pousada.
A rexedora indicoulle á conselleira que teñen un proxecto para mellorar o estado actual desa zona, apostando por un espazo máis amplo e seguro, co obxectivo de prestar os mellores servizos aos veciños.
Ángeles Vázquez solicitou a Teresa Villaverde o proxecto desta actuación, cun orzamento de preto de 100.000 euros, co fin de analizar o seu contido e determinar unha posible colaboración por parte dos departamentos da Consellería.