O presidente da Xunta participou esta tarde na homenaxe a Carlos Mantilla organizada polo Colexio de Economistas de Pontevedra

Feijóo recorda a figura de Carlos Mantilla, cuxa traxectoria encaixa no papel de “servidor”, máis preocupado en ter unha solución que en ter a razón

Vigo, 22 de xullo de 2021

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, recordou hoxe a figura de Carlos Mantilla cuxa traxectoria, aseverou, encaixa no papel de “servidor”, máis preocupado en ter unha solución que en ter a razón.

“Implicado cos retos do seu presente, era posible ver nel a un deses practicantes da pluralidade que eluden o conflito e sementan o entendemento”, afirmou, durante o acto de homenaxe, organizado polo Colexio de Economistas de Pontevedra, incidindo en que Vigo e Galicia atoparon nel un aliado.

“Puxo todo de si para que o tecido empresarial, a súa cidade e toda Galicia foran un pouco mellores”, abundou, recordando tamén as súas contribucións como relator da Lei Concursal, da Lei de Contratos do Estado, ou da Lei de Adaptación do IVE da Unión Europea.

Imaxes relacionadas