Galicia pechou o mes de maio como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago de Galicia foi de 10,53 días, case 14 días por debaixo da media autonómica

A débeda comercial foi a máis baixa de España

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2021

Galicia pechou o mes de maio como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas, só por detrás de Murcia, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda e Función Pública.

Así, o período medio de pago rexistrado por Galicia foi de 10,53 días, case 14 días inferior ao da media de comunidades autónomas, que foi de 24,45. Ademais, tamén se situou 19,47 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal.

En canto á débeda comercial, os datos do Ministerio de Hacienda e Función Pública sitúan a Galicia como a primeira comunidade con menor débeda comercial de España. A ratio débeda/PIB de Galicia situouse no mes de maio no 0,08%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,23%. A débeda comercial do conxunto de comunidades era de 2.755 millóns de euros, dos que 51 millóns –o 1,8%- corresponden a Galicia.

Os datos publicados hoxe volven ratificar que a Comunidade Autónoma continúa neste 2021 entre as que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega. 

Murcia
 4,41
 

Castilla-La Mancha

23,42
Galicia
10,53
Total CC.AA.
24,45

La Rioja

15,39
Madrid
24,88
Extremadura
16,15

C. Valenciana

26,58
Canarias
17,85

Castilla y León

26,83
Cantabria
18,22
Aragón
28,49
Andalucía
18,54
Asturias
29,57

País Vasco*

20,25
Baleares
30,80

C.F. de Navarra*

21,55
Cataluña
32,94

 

 

Imaxes relacionadas