A Xunta traballa na seguinte edición do Plan de patrocinio cunha reunión co colectivo do fútbol feminino

Os representantes dos clubs galegos amosaron a súa satisfacción co Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición de Galicia que nesta tempada beneficia a 231 equipos patrocinados con 3,15 millóns de euros

Santiago, 21 de xullo de 2021

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo director xerente da Fundación Deporte Galego, Iván Clavel San Emeterio, mantivo na mañá de hoxe unha reunión de traballo cos representantes dos principais equipos de fútbol feminino de Galicia. A xuntanza, serviu para explorar as novas vías de colaboración e soporte financeiro de cara á tempada 2021/2022, próxima a comezar.

Os representantes dos clubs galegos amosaron a súa satisfacción co Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición de Galicia que nesta tempada beneficia a 231 equipos patrocinados (125 masculinos, 99 femininos e 7 mixtos) con 3,15 millóns de euros que a vindeira tempada incrementaranse ata chegar aos 3,9 millóns de euros.

Lete Lasa escoitou as peticións dos representantes dos clubs e trasladoulles o traballo da Secretaría Xeral e da Fundación na configuración dun novo Plan que atenda a todas as necesidades e realidades do deporte galego.
 

Imaxes relacionadas