Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Sobradelo

Segundo as últimas medicións, o lume afectou unha superficie de 197 hectáreas, a meirande parte delas de monte raso

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2021

A Consellería do Medio Rural informa de que quedou extinguido, ás 20,57 h. desta tarde, o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Sobradelo.

O lume orixinárase o pasado sábado e, segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 197 hectáreas. Delas, 107 son de monte raso e 90 arboradas. Na extinción deste incendio participaron en total 1 técnico, 30 axentes, 52 brigadas, 25 motobombas, 2 pas, 8 avións e 9 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.