O presidente do Goberno galego reuniuse hoxe con Xosé Miguel Pérez Blecua

Feijóo aborda co alcalde de San Xoán de Río a evolución das proxectos de maior interese para o municipio

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2021.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, abordou hoxe co alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua os proxectos, en materia de infraestruturas e de ordenamento territorial, de maior interese para o municipio.

En materia de augas, Feijóo trasladoulle ao alcalde que será un dos seis concellos nos que se elaborará un Plan de abastecemento autónomo para facilitar que dispoña de información sobre o nivel de garantía de abastecemento de auga fóra das súas redes municipais e conte cun instrumento básico para planificar e priorizar as accións de mellora neste ámbito. Sobre este punto, avanzou que os traballos comezaron neste mes de xullo, estando previsto que rematen a finais do próximo ano.

Durante o encontro tamén avaliaron a tramitación do Plan básico municipal, que está en curso e o converterá o municipio nun dos primeiros 9 en contar con esta ferramenta de ordenación. Nestes momentos, tal e como avanzou o titular do Goberno galego, tras a súa aprobación inicial en marzo, estase traballando na avaliación das alegacións presentadas para a súa integración, así como en dar resposta os requirimentos dos informes desfavorables ou favorables condicionados.

Imaxes relacionadas