Ethel Vázquez destaca a contribución da Universidade da Coruña ao progreso de Galicia tras máis de 30 anos formando alumnos

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2021

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou hoxe a contribución da Universidade da Coruña ao progreso de Galicia, unha institución académica que vén formando alumnos ao longo dos últimos máis de 30 anos.

Ethel Vázquez participou hoxe no acto de presentación da Asociación de Antigos Alumnos e Alumnas, Alumni UDC, que estivo presidido polo reitor, Julio Abalde, e polo presidente do Consello Social da Universidade da Coruña, Antonio Abril.

A titular de Infraestruturas e Mobilidade felicitou aos impulsores da iniciativa por crear esta asociación de antigos alumnos e celebrou o acerto da Universidade da Coruña de “seguir contando con eles cando acaban a súa formación”. Amosouse, ademais, confiada en que esta Asociación de Antigos Alumnos e Alumnas, Alumni UDC, que bota a andar baixo a presidencia de Francisco Servia, terá un prometedor futuro, coa incorporación ano a ano de novos alumnos que contribuirán a fortalecer e enriquecer a institución académica.

Imaxes relacionadas