A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,00 h de hoxe

Controlado o lume do municipio de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Sobradelo, que afecta unha superficie de 200 hectáreas

Extinguido o incendio no concello de Rubiá, parroquia de Biobra, que afectou 0,09 hectáreas do parque natural da Serra da Enciña da Lastra

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2021

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,00 h. de hoxe.

Carballeda de Valdeorras – Sobradelo

O lume rexistrado no concello de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Sobradelo, orixinouse ás 16,35 h. do sábado e quedou controlado ás 22,37 h. de onte. Segundo as últimas estimacións afecta unha superficie dunhas 200 hectáreas. Na súa extinción levan participado 1 técnico, 25 axentes, 45 brigadas, 21 motobombas, 2 pas, 8 avións e 9 helicópteros.

Rubiá - Biobra

O lume rexistrado no concello de Rubiá, parroquia de Biobra, orixinouse ás 20,54 h. da tarde de onte e quedou xa extinguido ás 22,58 h. da noite. Tras a medición, a superficie afectada foi de 0,09 hectáreas -dentro do parque natural da Serra da Enciña da Lastra-, das cales 0,03 ha foron arboradas e 0,06 ha de monte raso. Na súa extinción participaron 3 axentes, 6 brigadas, 5 motobombas, 2 avións e 3 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural