A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 21,45 h de hoxe

Estabilizado un incendio no concello de Rubiá, parroquia de Biobra, que afecta 0,01 hectáreas do parque natural da Serra da Enciña da Lastra

Permanece estabilizado o lume do municipio de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Sobradelo, que afecta unha superficie de 200 hectáreas

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2021

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 21,45 h. de hoxe.

Rubiá - Biobra

O lume rexistrado no concello de Rubiá, parroquia de Biobra, orixinouse ás 20,54 h. desta tarde e quedou estabilizado ás 21,43 h. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de 0,01 hectáreas dentro do parque natural da Serra da Enciña da Lastra. No seu control levan participado 1 axente, 5 brigadas, 4 motobombas, 2 avións e 3 helicópteros.

Carballeda de Valdeorras – Sobradelo

O lume rexistrado no concello de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Sobradelo, orixinouse ás 16,35 h. do sábado e quedou estabilizado ás 12,27 h. desta mañá. Segundo as últimas estimacións afecta unha superficie dunhas 200 hectáreas. No seu control levan participado 1 técnico, 22 axentes, 41 brigadas, 18 motobombas, 2 pas, 8 avións e 9 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural