Estabilizado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Sobradelo

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie dunhas 200 hectáreas

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2021

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado onte no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Sobradelo, xa está estabilizado.

O lume orixinouse ás 16,35 h. do sábado e quedou estabilizado ás 12,27 h. desta mañá. Segundo as últimas estimacións afecta unha superficie dunhas 200 hectáreas. No seu control levan participado 1 técnico, 14 axentes, 32 brigadas, 16 motobombas, 2 pas, 8 avións e 9 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural