Activo un incendio forestal no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Sobradelo

Segundo as primeiras estimacións, o lume afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2021

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Sobradelo.

O lume orixinouse esta tarde ás 16,35 h. e segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. Debido a este lume, a Consellería solicitou o corte da catenaria e da vía do tren entre O Barco e A Ponferrada. No seu control participan 4 axentes, 11 brigadas, 5 motobombas, 1 pa, 3 avións e 7 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento:
C. do Medio Rural