Ángeles Vázquez lembra ao concello de Baralla que a Xunta dispón de varias medidas para rehabilitar inmobles e facilitar vivenda pública

Sinala que un dos mecanismos é o Fondo de Cooperación, un programa que ten o prazo aberto ata o 1 de outubro

Subliña que o IGVS acaba de resolver as axudas do programa para a rehabilitación de vivendas de titularidade municipal, que só na provincia de Lugo permitirá a recuperación de 13 inmobles en 7 concellos
 

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2021

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, trasladou ao alcalde de Baralla, Miguel González Piñeiro, que a Xunta de Galicia artellou unha serie de programas dirixidos ás administracións locais para axudalos a posta en marcha de actuacións de rehabilitación de inmobles cos que facilitar vivenda pública.

Vázquez Mejuto e González Piñeiro mantiveron un encontro esta semana para coñecer os proxectos da Administración local, así como as posibilidades ao seu alcance para incrementar o parque actual de vivendas socias.

A conselleira de Medio Ambiente indicoulle que nestes momentos aínda está aberto o Fondo de Cooperación, ata o vindeiro 1 de outubro, un programa pensado para os concellos de menos de 50.000 habitantes. No caso de que o Concello se acolla a unha axuda desta liña de conservación, facilítase un crédito sen xuros para recuperar e definir novos usos en inmobles que están infrautilizados.

Outra das liñas de actuación é o programa de para a vivendas de titularidade municipal que, aínda que xa pechou a convocatoria deste ano, pode ser de interese do Concello nos vindeiros exercicios.

Nese sentido, Ángeles Vázquez destacou que recentemente o IGVS comunicou a concesión dunha axuda ao abeiro deste programa a sete concellos da provincia de Lugo, que levarán a cabo accións de rehabilitación en 13 inmobles.
 

Imaxes relacionadas