Política Social agradece a Cáritas diocesana Mondoñedo-Ferrol o seu labor para achegar servizos básicos ás persoas sen fogar
2021-07-16
Ferrol, 16 de xullo de 2021
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe o centro de día de Cáritas Diocesana Mondoñedo-Ferrol, no que se achegan diferentes servizos a persoas sen fogar como lavandería, aula de informática, cafetería, sala de lectura e puntos de hixiene.
Arturo Parrado destacou o importante labor que realiza Cáritas Diocesana a favor das persoas máis vulnerables. Neste sentido, salientou a necesidade de manter a colaboración entre a Administración autonómica e as entidades sociais para achegar a aqueles que peor o están a pasar os servizos que precisen.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade