A Xunta pon en valor as iniciativas de visibilización do papel da muller na historia a través da nova mostra de Afundación "Mirar de novo. A muller contra o tempo"

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2021.- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na inauguración da mostra “Mirar de novo. A muller contra o tempo”, de AFundación, no marco da programación do Xacobeo 21-22. A exposición nace do obxectivo de visibilizar ás mulleres creadoras galegas, reivindicando o seu papel e influencia na historia da arte de Galicia. Neste sentido, Nava Castro, destacou a necesidade de tomar consciencia do peso da creación feminina ao longo dos séculos, habitualmente invisibilizado, ao tempo que “contribuimos, tal e como o fai esta mostra, a abrir novas vías para avanzar no ámbito da igualdade e na eliminación de calquera condicionante de xénero”

Imaxes relacionadas