O Sergas manterá a actividade asistencial no centro de saúde de Seixo en Marín

Así o sinalou hoxe o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no Parlamento de Galicia

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2021

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou hoxe, no Parlamento de Galicia, en resposta a unha pregunta dun dos grupos da Cámara, que o Servizo Galego de Saúde manterá a actividade asistencial no centro de saúde de Seixo, en Marín. Deste xeito, o departamento sanitario galego asegura a continuidade asistencial nesta infraestrutura sanitaria, ante a previsión de xubilación dun dos seus facultativos de Medicina Familiar e Comunitaria.
Tal e como subliñou o conselleiro, este centro de saúde dispón de dúas prazas de Medicina Familiar e Comunitaria, que non se contempla amortizar e que seguirán prestando servizo asistencial.
Como consecuencia da actual escaseza de profesionais substitutos para cubrir esta próxima xubilación, García Comesaña dixo que o Sergas buscará alternativas administrativas que poidan cubrir esa ausencia, mentres non se poda efectuar a cobertura con estabilidade.