Política Social e a dirección xeral de Dereitos da Infancia e Adolescencia do Ministerio de Dereitos Sociais analizan a realidade da xuventude migrante non acompañada

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, mantivo hoxe unha reunión con Violeta Assiego

Visitaron a vivenda tutelada de San Lázaro, onde a representante do Goberno central coñeceu o funcionamento do sistema de protección da Xunta de Galicia
 

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2021

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, mantivo hoxe unha reunión coa directora xeral de Dereitos da Infancia e Adolescencia do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, Violeta Assiego, co obxectivo de analizar a realidade da infancia e a adolescencia migrante non acompañada.

Logo da xuntanza, a representante do Goberno central visitoua vivenda tutelada de San Lázaro, onde coñeceu o funcionamento do sistema de protección da Xunta de Galicia. Alí tivo a oportunidade de achegarse ao programa Mentor, unha iniciativa posta en marcha gracias ao Fondo Social Europeo (FSE) e ao Goberno Galego que se basea na inserción laboral e na integración social de menores protexidos.

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica subliñou durante o encontro a importancia de ofrecer diferentes opcións que axuden a prosperar á xuventude que se atopa nunha situación de exclusión social para darlles as mesmas oportunidades de progresar e de triunfar no mundo laboral das que gozan as mozas e mozos galegos.

Imaxes relacionadas