Fabiola García sinala que o centro de día adquirido por Afaga e Afapo en Marín demostra o seu compromiso pola atención ás persoas con Alzheimer

Marín (Pontevedra), 12 de xullo de 2021

A conselleira de Política Social, Fabiola García, sinalou que o centro de día adquirido por Afaga e Afapo en Marín demostra o seu compromiso pola atención ás persoas con alzheimer. Esta mañá visitou estas instalacións que incrementan os servizos que estas dúas entidades achegan ás veciñas e veciños desta zona.

Fabiola García lembrou que o Goberno galego continuará apoiando a todas as entidades sociais que busquen mellorar a vida das persoas maiores e as persoas con discapacidade. Neste sentido, afirmou que representan un apoio fundamental para centos de persoas en toda a provincia.
 

Imaxes relacionadas