A Xunta recoñece o traballo do adestrador vigués Miguel Méndez tras acadar a súa terceira euroliga consecutiva

Lete Lasa fíxolle entrega dunha placa conmemorativa en recoñecemento ao seu labor como adestrador

Vigo, 9 de xullo de 2021

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo unha xuntanza co adestrador vigués Miguel Méndez que vén de acadar a súa terceira Euroliga feminina consecutiva co Ekaterimburgo ruso. Lete Lasa fíxolle entrega dunha placa conmemorativa en recoñecemento ao seu labor como adestrador.

O mandatario galego recoñeceu o excelente nivel dun dos mellores adestradores de baloncesto do mundo e destacou a importancia que ten que Miguel Méndez comezara a súa andaina que o levou por medio mundo nun equipo galego como o Club Bosco Celta Zorka. Segundo o secretario xeral, “isto amosa o excelente nivel que sempre tivo o deporte feminino galego en xeral, nomeadamente no caso do baloncesto”.

Lete Lasa augurou moitos éxitos máis ao adestrador vigués e amosou o seu convencemento de que Miguel pronto volverá a Galicia para levar aos equipos de baloncesto feminino galegos a acadar grandes conquistas grazas a súa sabedoría.

Imaxes relacionadas