A Xunta ofrece a máxima colaboración aos concellos de Outes e Negreira a través da rede de información provincial sobre proxectos eólicos

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2021

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, mantivo esta mañá un encontro cos alcaldes de Outes e Negreira, Manuel González e Manuel Ángel Leis, respectivamente, dentro da aposta da Xunta de Galicia pola transparencia e a máxima colaboración institucional á hora de informar sobre a situación dos diferentes proxectos eólicos.

Neste sentido, informóuselles sobre a posta en marcha das redes de información provincial para que os concellos poidan coñecer os proxectos eólicos que se están presentando en Galicia antes de iniciar o seu procedemento administrativo, lembrando que tramitar non significa aprobar a súa autorización. Grazas a esta rede, os concellos terán información de primeira man sobre os proxectos antes de proceder á preceptiva exposición pública dos mesmos.

Imaxes relacionadas