A conselleira de Política Social, Fabiola García, participou esta mañá no acto de presentación da nova ferramenta ‘Huella de Empleo’ da Fundación Knowcosters

Fabiola García aposta por un consumo responsable que permita avanzar cara unha sociedade máis social, solidaria e sostible

Lembrou que os hábitos de consumo poden supoñer un importante impulso para aquelas persoas que peor o están a pasar

A Coruña, 9 de xullo de 2021

A conselleira de Política Social, Fabiola García, participou esta mañá no acto de presentación da nova ferramenta dixital ‘Huella de empleo’, da Fundación Knowcosters, destinada a identificar a contribución das empresas no emprego. Durante a súa intervención apostou por un consumo responsable que permita avanzar cara unha sociedade máis social, solidaria e sostible.

A conselleira lembrou que a pandemia da covid-19 permitiunos cambiar as nosas prioridades. Neste sentido, sinalou que aprendemos a poñer o noso benestar e o dos demais por diante de todo o demais e permitiunos recordar que o pequeno comercio é imprescindible para a subsistencia de miles de familias. “A nosa actitude individual á hora de consumir pode supoñer un importante impulso para todas aquelas persoas que peor o están a pasar”, sinalou.

Fabiola García apuntou que cada vez os cidadáns son máis conscientes da importancia de realizar un consumo responsable que repercuta nunha sociedade mellor. Con todo, sigue a ser importante que tanto as administracións como as entidades civís sigan achegando información e concienciando sobre a súa relevancia. Por ese motivo, agradeceu á Fundación Knowcosters o seu labor neste sentido.

Imaxes relacionadas