A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue invita á cidadanía a doar sangue, especialmente no verán
As reservas dos grupos A Positivo, B Positivo, Cero Positivo e Cero Negativo están baixas
As unidades móbiles de ADOS visitarán numerosos concellos galegos no verán co obxectivo de garantir o axeitado abastecemento de compoñentes sanguíneos dos nosos hospitais
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), fai un chamamento xeneralizado á participación da cidadanía dos grupos A Positivo, B Positivo, Cero Positivo e, moi especialmente, do Cero Negativo. As reservas destes catro grupos presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que fai a Consellería de Sanidade por medio de ADOS. Cómpre lembrar que os hospitais galegos precisan unha media de 500 doazóns diarias para levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial.
Desde ADOS convídase a todos os galegos a continuar amosando o seu carácter solidario para incrementar o número de doazóns. A demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros hospitalarios non diminúe no verán, polo que se necesita da colaboración e xenerosidade de todos para conseguir entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias.
Desprazamentos
As dez unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, visitarán ao longo destes días, numerosos concellos galegos para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do intenso labor asistencial dos centros sanitarios galegos.
ADOS agarda contar de novo coa solidariedade e colaboración da cidadanía e efectuará os seguintes desprazamentos:
DATA | CONCELLOS |
Mércores 7 de xullo | Escola de Especialidades Antonio Escaño (Ferrol), Praza Conchiñas (A Coruña), Barrio das Flores (A Coruña), Área Central-Fontiñas (Santiago), Bertamiráns (Ames), Zona Herrería (Pontevedra), Zona O Calvario e Avda. Martínez Garrido (Vigo), Viveiro, A Valenzá-Barbadas. |
Xoves 8 de xullo | Escola de Especialidades Antonio Escaño (Ferrol), Cantón-Obelisco (A Coruña), Pastoriza (Arteixo), A Pobra Caramiñal, Bertamiráns (Ames), Vilagarcía de Arousa, Salvaterra do Miño, Baiona, Viveiro, Montederramo, Beade e Leiro. |
Venres 9 de xullo | C.C. Odeón (Ferrol), Arteixo, Cantón-Obelisco (A Coruña),Noia, Bertamiráns (Ames), Vilagarcía de Arousa, Redondela, Baiona, Burela, O Carballiño |
Sábado 10 de xullo | C.C. Odeón (Ferrol), Arteixo, Noia, Vilagarcía de Arousa, Redondela, Carrefour Lugo. |
Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:
HORARIO | |
HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO | Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas |
HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA | Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas |
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL | Luns das 15.00 ás 22.00 horas Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas Venres das 8.00 ás 22.00 horas |
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO | Luns e venres das 15.00 ás 22.00 horas Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas |
HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE | Luns a venres das 8:00 ás 15:00 horas (Horario de verán) |
HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA | Luns a venres das 8:00 ás 15:00 horas (Horario de verán) |
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO | Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas |
Doar, moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa con máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a vida.
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as páxinas de ADOS en redes sociais, e o teléfono gratuíto de cita previa 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.
ADOS lembra que, aínda que se pode acudir de forma espontánea, é recomendable solicitar cita no teléfono antes sinalado.