Sanidade establece o nivel alto de restricións nos concellos de Sarria, Cambados, A Illa de Arousa, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa

Os municipios de Culleredo, Ribadavia, Ourense, Barbadás, Caldas de Reis, Poio, Pontevedra, Marín, Redondela e Salceda de Caselas terán que cumprir as normas establecidas no nivel medio

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2021

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar, na súa xuntanza desta tarde, o nivel alto de restricións para os concellos de Sarria, Cambados, A Illa de Arousa, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa.

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Culleredo, Ribadavia, Ourense, Barbadás, Caldas de Reis, Poio, Pontevedra, Marín, Redondela e Salceda de Caselas.

Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 10 de xullo.