A Xunta convoca a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para o próximo 14 de xullo

A reunión será a terceira que se celebra este ano e volverá a convocarse de xeito telemático, co obxectivode manter o contacto permanente ante as dificultades que está a xerar a actual pandemia

A reunión permitirá seguir a analizar a situación das comunidades galegas no mundo e coñecer o avance dos diversos proxectos relacionados co Xacobeo así como dos impactos das axudas postas en marcha dende este departamento autonómico

Santiago de Compostela, 02 de xullo de 2021

A Secretaria Xeral da Emigración informa da publicación no DOG de hoxe (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210421/AnuncioG0595-150421-0003_gl.html) da convocatoria da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas que se celebrará de xeito telemático o próximo 14 de xullo.
Este encontro telemático supón unha continuidade no traballo permanente de contacto coas comunidades galegas do exterior no que se analizará a situación na que se atopan estas colectividades no actual escenario mundial da Covid-19. Tamén se vai a continuar analizando os impactos dos programas de axudas postas en marcha este ano co gallo da pandemia e coñecerase a evolución das diferentes accións que están a por en marcha tendo en conta que estamos xa a celebrar o Xacobeo.

O órgano de representación permanente da colectividade galega que reside fóra da comunidade está conformado por doce entidades electas, catro representando aos galegos de América e do resto do mundo, catro que representan a Europa e outras catro que representan aos galegos que residen nas comunidades autónomas españolas. Como membros natos do organismo permanecen a Casa de Galicia de Montevideo (O Uruguai) e a Hermandad Gallega de Venezuela (Caracas) por contar con máis de 20.000 persoas asociadas.

A Comisión, que se reúne con carácter ordinario a lo menos unha vez ao ano, está presidida polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidente do Consello de Comunidades Galegas, e o vicepresidente é o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. Esta sería xa a terceira reunión que se desenvolve neste ano, pois trátase de ter un contacto máis directo e intenso, polas dificultades que se están a vivir en todo o mundo.

Imaxes relacionadas