Sanidade establece o nivel alto de restricións nos concellos de Carnota e Sarria

Os municipios de Cambre, Castroverde, Oia, Barro, Cambados, Poio, Pontevedra, Vilaboa e Vilanova de Arousa terán que cumprir as normas establecidas no nivel medio

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2021

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar, na súa xuntanza desta tarde, o nivel alto de restricións para os concellos de Carnota e Sarria.

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Cambre, Castroverde, Oia, Barro, Cambados, Poio, Pontevedra, Vilaboa e Vilanova de Arousa.

Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro sábado, 3 de xullo.