Antón Acevedo asiste á conferencia “Liderando a tranformación da xestión sanitaria” do programa Changing Healht

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2021

O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu hoxe por videoconferencia á charla do profesor de Harvard Business School, Michael Porter "Liderando a transformación da xestión sanitaria", enmarcada no Programa Changing Health. Durante este encontro, Porter explicou algunha das alternativas actuais dentro dos servizos sanitarios, nun momento no que o sector está experimentando moitos cambios.

Michael Porter é un referente a nivel mundial nos temas de estratexia de empresa e desenvolvemento económico, e tras a súa traxectoria e aplicación das teorías de competitividade empresarial e solucións en problemas de saúde creou un modelo de atención sanitaria baseada no valor. Hoxe durante a videoconferencia presentou e explicou o seu modelo de prestación de servizos centrado no paciente que está a transformar os sistemas sanitarios ao redor do mundo.