Antón Acevedo visita a residencia Bellavista Care para por en valor o esforzo e o labor dos traballadores e usuarios tras este ano de pandemia

Nigrán (Pontevedra), 29 de xuño de 2021

O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou hoxe a Residencia Bellavista Care, onde puxo en valor o esforzo e o labor indispensable que as residencias e os traballadores levan a cabo na mellora da calidade de vida dos usuarios.

O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria aproveitou a visita para percorrer as instalacións da residencia, onde puido coñecer os tres piares nos que se basea a súa atención aos usuarios: o coidado físico e mental, a prevención de riscos futuros para a súa saúde e o apoio integral para as familias. Neste centro residencial ofrécense servizos tanto para persoas autónomas como para dependentes que precisan axuda para desenvolver as funcións da vida cotiá.
 

Imaxes relacionadas