A Xunta destaca a implicación do Campionato de Surf Pantín Classic na integración das persoas con discapacidade

Valdoviño (A Coruña), 28 de xuño de 2021

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, destacou a implicación do campionato de surf Pantín Classic na integración das persoas con discapacidade. Por segundo ano consecutivo, esta competición busca dar visibilidade a este colectivo e destina unha xornada íntegra á discapacidade.

O director xeral agradeceu á organización o seu traballo e apuntou que iniciativas coma esta inciden en que as persoas con discapacidade teñen moito que aportar á sociedade. Nesta edición participarán un total de 25 persoas con discapacidade en distintas categorías.
 

Imaxes relacionadas