Sanidade informa das medidas que está a levar a cabo por mor do abrocho da covid entre os estudantes que viaxaron recentemente a Baleares

O subcomité clínico, en reunión extraordinaria, tamén acordou elevar ao nivel alto de restricións ao Concello de Sarria

Como xa decidira o comité clínico o pasado martes, nos municipios de Castroverde, Camariñas, Malpica de Bergantiños, Cambre e Poio, rexerá o nivel medio

Santiago de Compostela, 25 de xullo de 2021

A Consellería de Sanidade está a levar a cabo unha serie de medidas como consecuencia do abrocho da covid detectado entre os estudantes que viaxeron recentemente a Baleares. Todos os estudiantes que viaxaran a Baleares consideranse contactos estreitos e terán que gardar corentena ata que a Central de Seguimento contacte con eles.
A Dirección Xeral de Saúde Pública elaborou un protocolo, en coordinación coa Estratexia de Vacinación, no que se disporá o que teñen que facer os estudantes en función da data das súas viaxes.
A Consellería de Educación está xa a enviar ao departamento sanitario da Xunta as listaxes dos centros que viaxaron recentemente ás Illas Baleares. Desde a Central de Seguimento de Contactos chamarase a todos os alumnos, para infomarlles do protocolo e resolver posibles dúbidas. Polo de agora, hai 11 centros en Galicia, que confirmaron algunha viaxe de alumnos a Baleares.
Serán as respectivas áreas sanitarias as encargadas de xestionar as citacións das PCRs a realizar neste grupo de personas.
Sinalar, tamén, que os pais ou nais que vaian recoller aos seus fillos ao aeroporto extremen a precaución. A recomendación da Consellería de Sanidade é que vaia so unha persoa a recollelo e, no automóbil sempre con máscara e distancia.

Sarria pasa ao nivel alto de restricións

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar, na reunión esxtraordinaria mantida esta mañá, o nivel alto de restricións para o Concello de Sarria.
Tras avaliar a incidencia acumulada do concello lucense, situada en 142 casos a sete días, e en 202 casos a catorce; o grupo de expertos decidiu incrementar as súas retricións co ánimo de reducir o índice de casos activos.
Do mesmo xeito, ficarán no nivel medio os concellos de Castroverde, Camariñas, Malpica de Bergantiños, Cambre e Poio.
Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.
O comité reunirase de novo o vindeiro martes, para analizar a situación epidemiolóxica dos concellos galegos.
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas de mañá sábado, 26 de xuño.