A Xunta inaugura unha nova exposición dentro do ciclo 'Retratos: Familia e Infancia', centrada no labor de Igaxes para a inclusión dos menores que viven en centros de protección

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2021

A Xunta inaugurou unha nova mostra dentro do ciclo de exposicións Retratos: Familia e Infancia centrada no labor que realiza Igaxes, unha entidade que traballa na inclusión das nenas e nenos en centros de protección. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, acompañado do presidente da entidade, Carlos Rosón, visitou a mostra, situada na Pirámide do edificio administrativo de San Caetano.

O director xeral puxo en valor o traballo que realiza Igaxes para garantir a igualdade de oportunidades dos menores tutelados pola Administración. Esta entidade vén de promover unha campaña baixo o lema Non nos xulgues para concienciar á sociedade e eliminar os prexuízos e o estigma que sofren estes rapaces.

Imaxes relacionadas