Sanidade establece o nivel medio de restricións nos concellos de Castroverde, Camariñas, Malpica de Bergantiños, Cambre e Poio

O comité clínico reunirase de novo o vindeiro martes, para analizar a situación epidemiolóxica dos concellos galegos

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2021

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar, na súa xuntanza desta tarde, o nivel medio de restricións para os concellos de Castroverde, Camariñas, Malpica de Bergantiños, Cambre e Poio.

Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.

O comité reunirase de novo o vindeiro martes, para analizar a situación epidemiolóxica dos concellos galegos.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 26 de xuño.
 

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. de Sanidade