A Xunta felicita aos participantes de Discamino por demostrar a súa capacidade de superación

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2021

O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, recibiu esta mañá na praza do Obradoiro os usuarios da residencia de Bóveda que realizaron o Camiño de Santiago desde Vigo no marco do programa Discamino. Alí felicitounos por demostrarlle a toda a sociedade a súa capacidade constante de superación.

O director xeral sinalou que iniciativas coma esta permiten poñer en valor o traballo das entidades sociais e os profesionais sociosanitarios, ao permitir que persoas con discapacidade teñan unha vida autónoma e activa. Así mesmo, apuntou que este programa tamén permite que os usuarios dos centros residenciais coñezan o patrimonio cultural e natural do Camiño.