A Xunta apoia o deporte galego entregando cerca de 9.000 minibricks de leite da marca galega 100% entre as federacións da comunidade

A marca Galega 100% recoñece o leite de produtores galegos cun status sanitario superior ao esixido pola lexislación sectorial

Máis de 10 federacións puideron desfrutar gratuitamente dun leite coas mellores condicións hixiénico sanitarias e de orixe galego
 

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2021

A Xunta de Galicia vén de entregar gratuitamente cerca de 9.000 minibricks de leite da marca Galega 100% entre diversas federacións deportivas da comunidade. A marca Galega 100%, que recoñece o leite de produtores galegos cun status sanitario superior ao esixido pola lexislación sectorial, apoia o mundo do deporte co fin de promover un estilo de vida saudable co leite como elemento nutricional fundamental para unha alimentación sa e equilibrada. En total, máis de 10 federacións puideron desfrutar dun leite coas mellores condicións hixiénico sanitarias e de orixe galego.

Esta nova campaña da marca Galega 100% contou coa colaboración das distintas federacións galegas, que axudaron ao coñecemento deste distintivo. Así, entregáronse minibricks tanto aos propios deportistas das distintas federacións como aos asistentes aos diferentes eventos deportivos nos que participaron.

Entre os beneficiados encóntranse a Federación galega de Hípica, a Federación galega de Patinaxe, a Federación galega de Kung-fu, a Federación galega de Piragüismo, a Federación galega de Tríatlon, a Federación galega de Salvamento Marítimo, a Federación galega de Baloncesto, a Federación galega de Tenis, a Federación galega de Kickboxing e o Club Natación Cidade de Santiago. Asemade, a marca Galega 100% foi unha das patrocinadoras do Club Voleibol Ourense na celebración da súa fase de ascenso á superliga 2.

Ao longo do verán este leite de calidade seguirá apoiando o deporte en distintas competicións como o Campionato galego de doma clásica, os Campionatos galegos de tenis nas súas distintas categorías (absoluto, benxamín e cadeira), o Galicia Head Tour 5ª Proba alevín, infantil, cadete e junior e o Campionato galego de clubs de Kickboxing. En total entregaranse máis de 1.000 minibricks durante estas competicións