Política Social aposta pola educación interxeracional para “gañar en coñecemento e valores” na clausura do curso de verán do IV Ciclo da USC

Monforte de Lemos (Lugo), 18 de xuño de 2021

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu hoxe ao acto de clausura do curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela dentro do programa de maiores IV Ciclo. As actividades interxeracionais centran unha das liñas de traballo polas que aposta dun xeito decidido a Xunta de Galicia, xa que “permiten gañar en coñecemento e valores”, segundo sinalou González Abeijón.

O curso, que deu comezo o pasado martes, celebrouse no Concello de Monforte, que acolleu relatorios, mesas redondas e saídas culturais. O director xeral agradeceu a esta institución a súa implicación, que permitiu poñer en contacto a persoas de diferentes xeracións para aprender sobre temáticas tan variadas como a importancia da auga, a terra ou o viño na Ribeira Sacra.
 

Imaxes relacionadas