A Xunta agradece a implicación de Amicos na difusión das experiencias das persoas con discapacidade

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2021.- O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, agradeceu a implicación de Amicos na difusión de experiencias das persoas con discapacidade. Esta tarde acudiu á estrea da mediometraxe ‘Reporteiros no Camiño. Facendo un camiño máis inclusivo’ que esta entidade realizou para compartir as historias de Carolina e Marcelino, dous membros da asociación, mentres realizaban o Camiño de Santiago.

González Abeijón puxo en valor este proxecto por dar voz ás vivencias das persoas con discapacidade no seu día a día e tamén por proxectar o patrimonio cultural e natural de Galicia. Unha iniciativa que ten neste Ano Santo unha importancia aínda máis destacable e que axudará a que a sociedade coñeza historias de superación da man dos seus protagonistas.

Imaxes relacionadas