A Xunta avalía con CCOO as oportunidades que se presentan en Galicia para asentar a reactivación económica e a xeración de emprego

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, reuníronse esta mañá coa nova executiva do sindicato en Galicia, encabezada pola súa secretaria xeral, Amelia Pérez

O Goberno galego ten posto 587M€ a disposición dos sectores e actividades económicas máis prexudicadas pola pandemia, a través dos tres plans de rescate e outras axudas directas xestionadas por diferentes departamentos autonómicos

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2021

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, xunta a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantiveron esta mañá unha reunión de traballo, coa nova executiva de CCOO en Galicia, encabezada pola súa a secretaria xeral da organización, Amelia Pérez.
No encontro, Xunta e sindicato destacaron a importancia de sumar esforzos que contribúan á reactivación económica. Así, desde o Goberno galego apuntaron a tres importantes retos para os próximos anos, como son minimizar os efectos da crise derivada da pandemia; transformar o tecido produtivo para recuperar o crecemento e xerar emprego –co foco posto na innovación, a dixitalización e a internacionalización–; e avanzar nunha Galicia máis verde, cunha industria sustentable a través dunha transición ecolóxica xusta.
Cabe recordar que o Goberno galego ten posto 587M€ a disposición dos sectores e actividades económicas máis prexudicadas pola pandemia, a través dos tres plans de rescate e outras axudas directas –destinadas ao comercio, hostalería ou o turismo, entre outros– xestionadas por diferentes departamentos autonómicos.

Imaxes relacionadas