Antón Acevedo salienta o labor de programas como “Reina Letizia por la inclusión” na sensibilización da sociedade sobre as diferentes capacidades das persoas

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2021

O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou esta mañá por videoconferencia no acto de presentación da II edición do programa Reina Letizia por la Inclusión. Esta iniciativa permite que persoas con discapacidade teñan acceso real á educación superior, á formación profesional e á educación para adultos.

Antón Acevedo destacou a importancia de programas como este que axudan a mellorar e concienciar á sociedade sobre as capacidades e todas e todos. Así mesmo, apuntou que o Goberno galego tamén está a traballar neste obxectivo a través dunha estreita colaboración co tecido asociativo de Galicia.