A Xunta apoia a Gold River Race, unha nova proba de kaiak “que axudará a estender a marca Galicia e os valores do Xacobeo”

Lugo, 17 de xuño de 2021

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da Gold River Race, unha competición de kaiak de longa distancia que se celebrará este ano por primeira vez, entre os días 24 e 27 de xuño e con tres etapas que discorren dende Augasmestas (Quiroga) ata a localidade portuguesa de Monçao. A Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo apoia o evento cunha achega de 20.000 euros a través do programa O Teu Xacobeo.
Arias subliñou que se trata dunha proba ambiciosa, que contará con algúns dos mellores deportistas da modalidade tanto de España como doutros países, e “axudará a estender a marca Galicia e os valores do Xacobeo”.

Imaxes relacionadas