Fernández-Tapias destaca avances no proxecto da unidade de hospitalización psiquiátrica infanto-xuvenil de agudos do Álvaro Cunqueiro

A representante autonómica sinala que o Executivo galego segue a traballar nas infraestruturas comprometidas no marco do Plan de Saúde Mental

Vigo, 15 de xuño de 2021

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, aproveitou hoxe unha visita ás instalacións da Asociación DOA, para destacar os avances na execución do Plan de Saúde Mental no que o Executivo galego está a investir 83 millóns de euros.
Neste contexto, a representante autonómica indicou que a nova unidade de hospitalización psiquiátrica infanto-xuvenil de agudos do Álvaro Cunqueiro está máis preto de ser unha realidade. Segundo dixo, unha vez que se conte co proxecto, licitarase a execución das obras, que están incluídas dentro da partida de 2,7 millóns de euros que os orzamentos da Xunta prevén este ano para as reformas previstas no hospital de Vigo.
Unha unidade que, tal e como informou Fernández-Tapias, mellorará de forma muy significativa a saúde dos pacientes con enfermidades mentais na etapa asistencial de 12 a 16 anos. Contará con dous psiquiatras, un psicólogo, un terapeuta ocupacional, un celador e un amplo equipo de enfermería especializada en saúde mental.
Segundo dixo, o Sergas centra agora os seus esforzos, ademais de en mellorar as infraestruturas, en completar, neste ano, a contratación dos 120 profesionais comprometidos no marco deste Plan de Saúde Mental.
Respecto á asociación viguesa de saúde mental, Fernández-Tapias tivo a oportunidade de coñecer de primeira man o traballo que desenvolven en DOA e que vén a complementa dixo a asistencia que se ofrece desde os servizos públicos. A Xunta mantén abertas distintas liñas de colaboración con esta asociación.

 

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. de Sanidade