Ángeles Vázquez agradece a implicación do alumnado galego co coidado do Medio Ambiente

Cerceda (A Coruña), 15 de xuño de 2021

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, agradeceu o traballo realizado polos escolares galegos que -ao longo deste ano- participaron no programa de educación ambiental Ecovoz, pois o seu esforzo e implicación permitiron sumar pequenos grans no coidado e conservación do medio ambiente.

A conselleira de Medio Ambiente participou esta mañá na clausura da XXII edición desta iniciativa, que nesta ocasión desprazou o seu escenario ao lago das Encrobas, xa que normalmente se celebraba na instalación lúdica deportiva de Cerceda. Deste xeito, os colexios participantes foron espectadores privilexiados do patrimonio ambiental deste lago, que naceu da recuperación dun espazo no que antes había unha mina de máis de dous quilómetros de longo.

Vázquez Mejuto salientou que esta festa de peche é dobre este ano, pois a edición do pasado ano viuse aprazada pola pandemia; e trasladou a súa satisfacción porque a cidadanía non mudara os seus hábitos para o coidado ambiental da súa contorna máis próxima, e reforzara o seu compromiso.
 

Imaxes relacionadas