Política Social reúnese coa Fundación Madrina para coñecer os seus proxectos

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2021

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, mantivo esta mañá unha videoconferencia coa Fundación Madrina de Madrid para coñecer os proxectos que levan a cabo no eido de inclusión social de persoas que se atopan en risco ou nunha situación de vulnerabilidade.

Arturo Parrado puido achegarse, a través desta reunión, ás iniciativas realizadas por esta entidade madrileña que leva máis de 20 anos axudando ás persoas en situación de risco, nomeadamente á infancia, á muller e á maternidade.

Imaxes relacionadas