Román Rodríguez salienta a crecente contribución do Camiño de Santiago para o intercambio cultural transatlántico

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2021.- O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou hoxe na inauguración do XIX Congreso Internacional da Asociación Española de Americanistas Os caminos de América, que se está a celebrar estes días na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago. Román Rodríguez salientou a crecente contribución ao diálogo cultural que ao longo dos anos está a ofrecer o Camiño de Santiago na construcción dunha identidade non só europea, senón tamén transtlántica.
“Nin Galicia nin Latinoamérica se entenden sen o papel que a unha xogou na outra e desde esa confluencia identitaria se constituíu a memoria que pervive ata os nosos días”, expresou o titular de Cultura da Xunta ao tempo que puxo de manifesto o traballo do Goberno autonómico por garantir o mantemento desta relación histórica. O congreso internacional abriu hoxe as súas portas en Santiago de Compostela e reúne ata o mércores máis de 300 participantes presenciais e virtuais de 120 institucións e 27 países de América Latina, Europa, Asia e África.
 

Imaxes relacionadas