A Xunta resalta o papel da nova asociación "Xuntos saborea Galicia" para promocionar a calidade da gastronomía galega

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 14 de xuño de 2021

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou hoxe na presentación da asociación Xuntos Saborea Galicia, o papel desta entidade de nova creación para promocionar a calidade da gastronomía galega e os seus produtos. Así, incidiu en que a unión das cinco empresas que forman parte deste proxecto -Pazo de Rubianes, Os Peperetes, Airas Moniz, Discarlux Galicia e Pazo de La Cuesta- permitirá reforzar a imaxe da cociña de excelencia de Galicia a nivel internacional.
As cinco entidades que integran Xuntos Saborea Galicia buscan ampliar os mercados e xerar sinerxías co obxectivo de dar a coñecer o patrimonio gastronómico galego e a súa cultura. Ao acto tamén asistiron o ex-xogador de baloncesto Fernando Romay, o actor e cómico Serxio Pazos ou o ex seleccionador nacional de fútbol Vicente del Bosque.

Imaxes relacionadas