Activo un incendio forestal no concello lucense de Folgoso do Courel, parroquia homónima

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie superior ás 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2021

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello lucense de Folgoso do Courel, parroquia homónima.

O lume orixinouse ás 04,50 h. desta madrugada e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie superior ás 20 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o momento 4 axentes, 6 brigadas e 6 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.